viernes, 30 de enero de 2015

Programa de "A Nasa Radio" do 29/01/2015


Segundo programa de "A Nasa Radio", emitido en Radio Melide o 29-01-2015.
Moisés Suárez e Jorge Lama presentando o programa.
Neste segundo programa falamos dos cursos COMA, Curso de comic na Coruña, entrevistamos ós rapaces do Laboratorio de Radio, cousas curiosas do CES e os bici bares.



2 comentarios:

  1. Cajiná... o sistema de comentarios xogoume unha mala pasada... hai que identificarse antes de facer o envío... en fin, vou escribir de novo o que tiña posto :(

    Boas,

    parabéns polo programa. Estades a facer un gran traballo de produción, e despois durante o directo. Estou seguro de que lle adicades unha morea de tempo, e nótase no resultado final.

    Gustaríame enviar unha proposta para a sección "As palabras prohibidas". Máis que unha palabra, é unha expresión: «pór en valor». Mira que serve para ben cousas esta expresión, hoxe parece que hai que pór en valor calquera cousa que se faga, sobre todo está na boca da nosa 'benquerida' clase política.

    Ánimos para poder continuar adiante co programa, e xa sabedes que podedes contar comigo para botar unha man no que precisedes.

    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non eres o primeiro ó que lle pasa que lle desapareza a mensaxe, jeje.
      Gracias polos piropos. Intentamos facer un programa decente, tanto na producción coma nos contidos.
      Tomamos nota da túa proposta e no próximo programa usarémola, Rafa.
      E podes estar seguro que contaremos contigo para algún dos programas.
      Un saúdo

      Eliminar