jueves, 14 de mayo de 2015

Programa de "A Nasa Radio" do 14/05/2015


Programa de "A Nasa Radio", emitido en Radio Melide o 14-05-2015.

Moisés Suárez e Jorge Lama presentando o programa. María Torre nos controis técnicos e como colaboradora.



Neste programa falamos do uso das redes sociais por parte dos partidos políticos de Melide, e da banda deseñada e os ilustradores en España.

3 comentarios:

  1. Boas,

    botei de menos unha análise do resto de perfís nas redes sociais. Polo que parece, as tres candidaturas están centralizadas en Facebook. Descoñezo se teñen algunha outra publicación cun carácter máis aberto, coma pode ser un blog.

    Polo que puiden ver, en Twitter teñen unha presencia testimonial, e con poucos, ou nulos, contidos propios. Do PSOE de Melide nin atopei conta.

    Considero que é un erro de estratexia non comunicar mellor a súa actividade a través da rede, xa que somos moitos os votantes que vivimos fóra do pobo, e temos máis complicado estar ao día do que pasa no mesmo, máis aló do que falamos nos bares a fin de semana ;).

    Parabéns, unha vez máis, polo programa.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Rafa. Decirche que o Bng ten conta de twitter. Pola pinta débea levar unha persoa diferente á que leva o facebook. Do resto de partidos non atopei contas oficiais de twitter.

      Tamén descoñezo se teñen outro tipo de publicacións, pero a análise quería centrarse soamente nas redes sociais.

      A día de hoxe eu tamén penso que é un erro non comunicar mellor a súa actividade. Deberían poñerse en mans de profesionais para asesorarse neste temas ou formarse en comunicación.

      De todas formas, para min o erro máis grande é intentar usar as redes sociais como se de webs 1.0 se trataran. Son canles de comunicación e non simplemente escaparates, como empregan a maioría.

      Un saúdo

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar